Tuesday 23 de April de 2024

Neda convida a celebrar o Día das Letras Galegas cun contacontos ilustrado sobre Florencio Delgado Gurriarán e un taller de caricatura sobre o autor


A actividade celebrarase o domingo 22 de maio na Casa da Cultura, con participación gratuíta pero inscrición previa no 981 39 02 33

O Concello de Neda conmemorará o Día das Letras Galegas cunha actividade pensada para nenos e maiores: un contacontos ilustrado baseado na biografía de Florencio Delgado Gurriarán con taller de caricatura incluído. Celebrarase o domingo 22 de maio ás 12 horas na Casa da Cultura, e a participación é gratuíta, pero con inscrición previa. Está xa aberta e pode solicitarse a praza chamando ao 981 39 02 33 ou presencialmente no propio centro cultural.

O contacontos e obradoiro estará guiado pola compañía Polo Correo do Vento,especializado en actividades pensadas para o público máis novo coas que promover a lectura, a comprensión oral en galego e o desenvolvemento da creatividade e expresión artística dos nenos e nenas.

A través da actividade, narrarán a historia da obra e vida do autor e, ao mesmo tempo, daranlle forma nun gran mural. Ao seu remate, o público poderá participar nun taller no que realizarán unha caricatura do poeta.

A actividade inclúese no programa Ler conta Moito da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.